CRTVG

Buscar

Ósos de cristal

Publicado o 25/10/2015 14:25

A osteoxénese imperfecta, é unha enfermidade rara, crónica e de orixe xenética

Slavi ten osteoxénese imperfecta. Detectáronllo xa dentro do útero materno, porque os seus fémures estaban arqueados. Ten sete anos e xa sufriu incontables fracturas e operacions, pero é un neno feliz e inquieto como calquera outro.

Para que estes nenos se desenvolvan normalmente é moi importante que accedan ás terapias axeitadas o antes posible. Xunto á medicación e ás operacións, a fisioterapia é un dos tres piares no tratamento, para que estes nenos poidan medrar e moverse con normalidade. 

Encontros coma este son importantes para que as familias dos nenos afectados poidan recibir apoio e información. A osteoxénese imperfecta, coñecida como ósos de cristal, é unha enfermidade rara, crónica e de orixe xenética. Hai distintos graos de afectación, e nos máis severos, se non se trata a tempo, os ósos  defórmanse e rompen tanto que a persoa non medra e non pode apenas moverse.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/10/2015