CRTVG

Buscar

Sorrir, incluso detrás da máscara, é máis importante que nunca

Publicado o 02/10/2020 20:55

Non podemos saudarnos coa man, nin bicar a ese amigo que hai tempo non víamos, e nin sequera vemos ese sorriso amable que nos levanta o ánimo en días grises.

Semella que son tempos complicados e por iso é máis importante que nunca sorrir, aínda que sexa por tras da máscara.

Ese aceno, que se reflexa nos ollos e na voz, reduce o noso nivel de estrés, mellora o noso estado de ánimo e o das persoas que o reciben e mesmo nos pode axuda a vivirmáis anos.

Cada quen ten os seus motivos para sorrir. Se os ollos, as mans, a voz e as palabras non lles chegan para demostrar que están a sorrir, sempre poden personalizar as súas máscaras e conseguir levantalos os beizos de quen o vexa.

Noticias web

02/10/2020