Sorpresa en Portugal despois de que os investigadores do caso Madeleine deran a nena por morta
En Portugal continúa a sorpresa despois de que os investigadores do caso Madeleine McCann recoñeceran que dan a nena por morta. Un dos casos máis mediáticos que se recorda que volve aos medios.
Con varios países implicados na investigación, a prensa de Reino Unido e Alemaña, de onde é o sospeitoso, faise forte eco desta noticia. Aquí en Portugal a sorpresa foi maiúscula nas últimas horas cando a fiscalía alemá asegurou que Madeleine McCann estaba morta. Están case seguros de que o sospeitoso entrou para roubar na casa onde durmía a pequena cos seus irmáns mentres os seus pais ceaban cuns amigos no exterior e que cando viu a Madeleine decidiu secuestrala naquela noite do 2007. O home, de 43 anos, cumpre prisión en Alemaña pola violación dunha muller estadounidense na zona do Algarve portugués onde desapareceu a nena e tamén foi condenado anteriormente por abusos sexuais a menores. A Policía pide a colaboración cidadá para saber máis cousas del porque din que teñen probas incriminatorias pero non as decisivas.