CRTVG

Buscar

Sorprenden a tres menores saltando na ventá dun 9 º piso

Publicado o 23/08/2019 21:08

A policía local de Xixón mobilizouse hoxe tras recibir o aviso de que tres rapaces estaban xogando a saltar dunha fiestra a outra do noveno andar deste edificio. Ao analizaren as cámaras de seguridade viron o momento en que un dos menores pasaba dunha ventá a outra. Ao chegar á vivenda comprobaron que se trataba de dúas nenas de 9 e 5 anos, e un neno de 3. Despois localizaron a nai, que estaba traballando. A fiscalía de menores está estudando o caso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019