Sons de hai máis de 2.000 anos volven á Quintana con Abraham Cupeiro e a Real Filharmonía
Sons de hai máis de 2.000 mil anos volverán esta noite á praza da Quintana. O músico e investigador Abraham Cupeiro toca coa Real Filharmonía de Galicia no concerto 'Os sons esquecidos, a busca da esencia do primario'.
A buguina é dos instrumentos cos que Abraham Cupeiro imbrica os seus dous proxectos, 'Pangea' e 'Os sons esquecidos', para esta noite na Quintana. Instrumentos ancestrais como a corna, atopada no monte, unha peza orixinal que se achega ao son da voz humana.
Corna, corneto, unha frauta do río Níxer ou o Karnix, un instrumento bélico de hai máis de 2.500 anos, construído polo propio Cupeiro a partir dunha moeda romana.
A imperfección do ancestral coa perfección dos novos intrumentos para facer soar desde Bartok a Piazzola. Esta noite coa Real Filharmonía.