CRTVG

Buscar

Sonia Sierra: "Ciudadanos pide un pacto entre os constitucionalistas"

Publicado o 09/02/2021 10:42

Recta final na campaña das eleccións en Cataluña. Sonia Serra, candidata de Ciudadanos, di que "Cataluña ten en xogo volver ter un tripartito ou, por fin, ter un goberno moderado constitucionalista".

Para formar ese goberno, as condicións de Ciudadanos pasarían porque Carlos Carrizosa liderara o proxecto co apoio do Partido Socilista e do Partido Popular.

Unha das primeiras cousas que van pedir é que nos primeiros cen días se faga unha auditoría sobre o gasto superfluo na Generalitat e destinalo a Sanidade.

Serra destacou que van pedir unha baixada dos soldos, que se acabe cos "enchufismos" e cos privilexios.

O obxectivo de Ciudadanos para estas eleccións é poder gobernar e darlle a Cataluña o goberno que merece.

Noticias web

09/02/2021