CRTVG

Buscar

Son xa 2345 os mortos en China polo coronavirus de Wuhan

Publicado o 22/02/2020 02:49

* Corea do Sur rexistra 2 falecidos e 142 novos casos

Son xa 2345 os mortos en China polo coronavirus de Wuhan

    China eleva a 2.345 o número de mortos e a máis de 76 mil os infectados polo virus de Wuhan. Os datos foron actualizados pola Comisión Nacional de Saúde do país asiático. No seu informe diario, a comisión indicou que xa se realizou seguimento médico a máis de 600 mil persoas. Delas 113 mil seguen en observación. A meirande parte dos novos casos confirmados rexistráronse na provincia de Hubei, o foco do andazo.

Corea do Sur rexistra 142 novos casos de coronavirus e suma 346 contaxiados. Estes datos supoñen o cuarto día consecutivo no que este país asiático rexistra máximo diario de novos afectados. Nos últimos catro días multiplicouse por doce o número de contaxiados polo coronavirus, que deixou xa dous mortos esta semana. A meirande parte dos casos déronse na cidade de Daegu.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí