CRTVG

Buscar

Son 45 os municipios que están este sábado en nivel de alerta máxima

Publicado o 31/10/2020 20:04

Son 45 os municipios que están este sábado en nivel de alerta máxima

Varía a situación de alerta nos concellos galegos segundo a incidencia neles da pandemia. Son 45 os municipios que están este sábado en nivel de alerta máxima, é dicir, aqueles nos que se detectaron máis de 21 casos de covid-19 nos últimos 7 días. Entran hoxe nesta listaxe Baiona, Mos, A Guarda, e A Cañiza, todos da provincia de Pontevedra, e A Fonsagrada e Cervo da provincia de Lugo.

Pola contra, a incidencia do virus descende en cinco municipios: Lalín, Poio, Gondomar, Cerceda e Xinzo de Limia. As sete cidades galegas principais permanecen unha xornada máis no nivel máximo de alerta.

Noticias web

31/10/2020