CRTVG

Buscar

Somma: "Estamos sufrindo, pero estou convencido de que imos saír disto"

Publicado o 26/11/2019 19:35

As pantasmas axexan, as vitorias non chegan e a tensión dos deportivistas está alta de máis. Na bancada e no campo.

"Nós tamén, estamos todos no mesmo lugar. Sufrimos todos, estamos sufrindo todos. O que podemos facer nós é irmos ao campo e dar o 110 por cento cada partido. Aquí se ve quen son os homes e quen non e nós creo que somos todos homes por iso estou convencido de que imos saír disto", asegura Somma.

O risco é tal que o derbi do domingo co Lugo chega revestido de dramatismo: "Para nós, calquera partido agora mesmo é importante, contra calquera equipo que xogamos. Seguramente un derbi será un estímulo máis, pero nós precisamos gañar, precisamos tres puntos, entón calquera partido é importantísimo", considera o central italiano.

Luis César pídelle máis a un equipo que, malia unha leve mellora, ve cada vez máis lonxe a táboa da salvación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/11/2019