Solta de cabalos no monte de Estacas, en Fornelos de Montes
Publicado o 12/06/2018 14:29
Dende hai unhas horas hai unha manda de cabalos nova no monte de Estacas, en Fornelos de Montes. Soltounos alí un grupo de investigación da Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo, no proxecto 'Estudo e conservación do cabalo galego do monte'. O obxectivo é introducir unha manda destes animais nun monte pechado, para así poder facer unha estimación da biomasa que consomen. O proxecto conta co financiamento da Fundación Biodiversidad.