Telexornal Mediodía FDS
Solidariedades tras os incendios
Publicado o 28/01/2018 14:40
Cen días despois dos incendios que asolaron Galicia a xente segue solidarizándose cos montes queimados e coas familias que a día de hoxe non lograron recuperar a súa vida cotiá.
En Vigo celebraron un Festival solidario para recadar fondos que axuden á rexeneración dos montes queimados. E os alumnos dun centro de Madrid doaron máis de 1.600 euros para axudar os damnificados polos lumes en Ponte Caldelas.
Os incendios deixaron tras de sí unha paisaxe desoladora e as graves consecuencias do lume fixeron visibles en todo o mundo. A solidariedade foi constante dende entón pero a Ponte Caldelas chegou esta semana sen previo aviso.
Os alumnos dun colexio de Madrid doaron máis de 1.600 euros a conta que o concello ten con cáritas para axudar os danmificados polos lumes.
En Vigo a solidariedade chegou a través da música en forma de festival organizado pola Manconunidade de Montes. No mesmo quixeron recadar fondos para rexenerar de frondosas os montes queimados.
Solidariedade pero tamén agradecemento neste festival para todos aqueles voluntarios que tras o quince de outubro volcaron os seus esforzos nas labores de rexeneracións dos montes.
Porque a solidariedade altruista e desinteresada sempre ten recompensa. Por iso, uns vinte artistas de Vigo queren facer do monte queimado arte. Esta mostra é un claro exemplo do seu traballo que percorrerá en forma de exposición varios concellos de Galicia e de Portugal. Os beneficios obtidos coas obras vendidas serán doados os concellos afectados polo lume.