CRTVG

Buscar

Piden trinta anos de cadea por un acusado de abusar continuadamente das fillas da súa parella

Publicado o 30/09/2021 14:21

Ata trinta anos no cárcere podería pasar un home xulgado hoxe en Pontevedra por abusos sexuais continuados ás fillas da que era a súa parella. A vista celebrouse a porta pechada.

A vista celebrouse na sección dúas da audiencia de Pontevedra a porta pechada para protexer a identidade das mozas, que no momento dos feitos eran menores de dezaseis anos e convivían no fogar familiar coa nai e o seu compañeiro sentimental.

Os supostos abusos producíronse cando a nai estaba ausente da casa que compartían. O suposto agresor esixíalles ás rapazas silencio e mesmo obviaba que elas lle rogaban que parase. Unha das mozas chegou a pór en perigo a súa vida. Ademais dos trinta anos de cadea, a Fiscalía pide unha indemnización de 15.000 euros e a prohibición de achegarse ás vítimas durante dezasete anos.

Noticias web

30/09/2021