Solicitan nove anos de prisión para o acusado de intentar matar unha amiga cunha barra de ferro
Publicado o 15/09/2021 13:06

A Audiencia Provincial en Vigo acolleu esta mañá o xuízo contra un home acusado de intentar matar unha amiga cunha barra de ferro.
Os feitos producíronse en abril de 2019. Ambos os dous saíran xuntos de festa e cando chegaron á porta da casa da muller, supostamente golpeouna por detrás, polo menos cinco veces, na cabeza. A agresión ocorreu diante do fillo da vítima, de 11 anos.
Logo do ataque, o home fuxiu do lugar e foi arrestado pouco despois en Ourense. A muller fora ingresada na UCI en estado grave e estivo 4 días hospitalizada. A Fiscalía pide para o acusado 9 anos de prisión e unha indemnización para a vítima de 20.000 euros.