CRTVG

Buscar

Solicitan a creación dun Punto de Encontro Familiar na zona de Monterrei

Publicado o 11/08/2021 15:31

Na comarca de Monterrei, varios pais puxeron en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar a creación dun punto de encontro familiar na zona. Trátase dun servizo que garante o contacto entre os menores e os seus familiares nun lugar seguro cando hai unha situación de conflito, como, por exemplo, en casos de violencia de xénero.

Os proxenitores afectados din que desprazarse ata a cidade de Ourense, que é o único punto que existe na provincia, supón un trastorno importante para os nenos. Por iso piden que se habilite un espazo deste tipo en Verín.

Noticias web

11/08/2021