CRTVG

Buscar

Solicitan 40 anos de cadea para unha muller que matou dous anciáns en Arzúa

Publicado o 20/05/2021 15:38
Solicitan 40 anos de cadea para unha muller que matou dous anciáns en Arzúa

Comezou hoxe na Coruña o xuízo polo coñecido como crime de Arzúa. A fiscalía pide máis de 40 anos de internamento nun centro psiquiátrico para unha muller acusada de matar dúas persoas e acoitelar unha terceira. Acúsaa de asasinar dous anciáns, que eran a madriña do seu marido e a súa parella, mentres durmían na súa casa da parroquia de Figueiroa, en Arzúa. Acúsaa tamén de lesionar o seu sogro, ao que, presuntamente, lle asestou varias coteiteladas na cara e no pescozo. Porén a acusación pública entende que durante todos estes episodios a investigada sufriu unha crise psicótica, polo que pide para ela 43 anos de internamento para tratamento médico.

Noticias web

20/05/2021