CRTVG

Buscar

Solicitan 25 anos por abusar dunha menor en Vigo tras facerse pasar por unha vidente

Publicado o 07/11/2019 13:13

A Fiscalía de Vigo solicita 25 anos e medio de cadea para un home acusado de agredir sexualmente unha menor que ten recoñecida unha discapacidade do 33%.

O Ministerio Público sostén que o acusado se fixo pasar por unha muller que botaba as cartas en Valencia, e mediante mensaxería móbil, intentaba convencer a vítima de que mantivese relacións sexuais con el.

Un dos encontros tivo lugar na casa da rapaza e outros dous no monte. A dispacadidade dela e o atraso mental leve que padece limitan a súa habilidade para o razoamento abstracto. O acusado terá, ademais, que indemnizar a vítima con 6.000 euros. O xuízo celebrouse a porta pechada na seccción quinta da Audiencia Provincial en Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019