CRTVG

Buscar

Sol Vázquez: "Anularán as viaxes sen problema os que teñan un seguro de cancelación e demándase que o poidan facer todos"

Publicado o 28/02/2020 13:10

Esta crise sanitaria incide no sector turistico. Hai alerta pola caída de reservas e polas cancelacións que se están a producir. Témese polo impacto que poida ter, por exemplo na Semana Santa. Aquí en Galicia miramos cara ao Camiño de Santiago.

A directora xeral de Consumo, Sol Vázquez, explica como está a afectar tamén a Galicia este problema global. Sol Vázquez explica que vai pasar coas reservas canceladas polos turistas e como lles vai afectar os galegos que queiran cancelar as súas viaxes a outras provincias españolas ou a outros países.

Sol Vázquez explica se se van poder recuperar ou non os cartos da viaxes: "Vai depender de se o viaxeiro ten concertado ou non un seguro de cancelación. As persoas que o teñan poderán poñerse en contacto coas aseguradoras para tentar recuperar o investido".

Di tamén que "en caso de que os clientes non teñan concertado un seguro, é máis complicado. As asociacións de consumidores están a demandar que se considere esta situación especial, de forza maior, para que as persoas que non teñan seguro poidan optar á cancelación".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2020