CRTVG

Buscar

Solari ve o Madrid "con enerxía" ante o clásico na semifinal copeira

Publicado o 02/02/2019 15:20
Ernesto Valverde cre que a semifinal é "moi atractiva"

Santiago Solari, o adestrador do Real Madrid considera que "chegamos moi ben". "Chegamos con enerxía e con todo o equipo dispoñible, agás Vallejo que está a piques de entrar. Estamos todos dispoñibles así que o noso escenario para afrontalo é con absoluta tranquilidade" Ernesto Valverde, o  adestrador do F.C. Barcelona considera que os encontros desta semifinal copeira "supoñen unha carga de partidos e de intensidade importante pero ao mesmo tempo non imos negar que son atractivos para a xente, tamén para nós. Unha grande semifinal. Imos ver se somos capaces de pasar á final"

Noticias web

02/02/2019