CRTVG

Buscar

Solange Pereira logra a mínima para o mundial en 1.500 metros

Publicado o 17/07/2017 15:12

A atleta canguesa estará no Mundial de Londres despois de lograr a mínima na reunión da Diamond League de Rabat

A que tamén esta radiante de felicidade é Solange Pereira. A atleta canguesa estará no Mundial de Londres despois de lograr a mínima na reunión da Diamond League de Rabat. 

Solange, campioa de España no 1.500, mellorou en máis dun segundo a marca que se lle esixía para estar na gran cita mundialista. Necesitaba 4.07.50 e fixo 4.06.39, establecendo un novo récord galego e mellor marca persoal. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2017