CRTVG

Buscar

O Tempo mediodía

Sol en Galicia antes da chegada da cicloxénese Kyle

Publicado o 18/08/2020 16:18

Semella que o tempo continúa xogando ao descoido e pasamos das chuvia do outono á calor do verán no mesmo día. Despois dunha mañá chuviosa, como puidemos comprobar en case toda a comunidade, a tarde vainos dar un respiro e abriranse claros nas catro provincias.

Veremos o sol e ademais subirán as temperaturas, un efecto do vento que sopra do sur, e que notarán sobre todo na Mariña, onde poden chegar aos 27 graos.

E mañá agárdase a chegada de Kyle, que semella que non será tan fero como prometía, e aínda que si traerá vento e chuvia a partir da tarde, sobre todo no litoral, non será ta forte como se esperaba e non teremos que falar de momento de cicloxénese explosiva.

O Tempo mediodía

18/08/2020