CRTVG

Buscar

Sol e calor no sur, nubes no norte

Publicado o 25/05/2019 19:23

Sol e calor este último sábado de maio na metade sur do país.

Segundo as previsións de Meteogalicia, na cidade de Ourense os termómetros chegarán hoxe ata os 26 graos, mañá subirán máis, rozando os 30.

Ceo despexado que anima a pasar a xornada de lecer ao aire libre.

E moito mellor este día para quen está a facer turismo.

Cambia a cousa no norte de Galicia, onde as nubes farán que as máximas non superen os 20 graos, 18 na Coruña.

Xa escoitaron, en Ourense e nas Rías Baixas encantados coa calor e no norte agradecen non ter as temperaturas do sur, semella que o anticiclón con vento do norte trae a cada zona o tempo ao que están afeitos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/05/2019

Máis sobre actualidade

Barco 3 - 0 Somozas
15/09/2019 23:26
Fabrl 4 - 1 Alondras
15/09/2019 23:13
Vilalbés 4 - 0 Arzúa
15/09/2019 23:13
U.D. Ourense 0 - 1 Choco
15/09/2019 23:13