CRTVG

Buscar

Sol e calor en Galicia durante a fin de semana

Publicado o 09/07/2021 14:57

 O anticiclón chega a Galicia e trae sol e temperaturas cálidas en toda a comunidade. Nas zonas do sur e do interior as temperaturas poden chear a acadar ou mesmo superar os 30 graos mentres que no norte, serán máis suaves rozando os 22. 

As altas temperaturas animan a xente a achegarse ás zonas costeiras deixando praias e paseos ateigados, que devolven ás zonas costeiras o seu aspecto habitual a estas alturas do ano. Un tempo que galegos e visitantes estaban agardando con moitisimas ganas. 

Noticias web

09/07/2021