CRTVG

Buscar

A Revista FDS

Sol e calor atrasan o "cambio de armario"

Publicado o 07/10/2017 13:55

A ver quen se atreve a facer o cambio de armarios na casa, con esta caloraza de verán. Aínda que as mañanciñas e os solpores son máis frescos, no medio do día o que se segue vendo son sandalias e camisolas. Hai quen está encantado, e quen pía porque chegue o frío.


Aínda que nalgúns escaparates de tendas de roupa xa lle dan a benvida ao outono, o certo é que as pezas protagonistas neste inicio de estación seguen a ser as de verán. O cambio de roupeiro resístese.



E como nunca chove a gusto de todos, hai quen prefire non ter que cambiar a roupa do armario e tamén os que xa botan de menos os abrigos.


E a pesar de que o tempo non invita a comprar roupa de temporada, os escaparates intentan chamar a atención.



Compras que pouco a pouco van propiciando que o noso armario comece a cambiar de estación.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

07/10/2017