CRTVG

Buscar

Sogama rebaixa un 10% o recibo do lixo para case dous millóns de galegos

Publicado o 29/08/2019 16:08

Preto de dous millóns de galegos terán unha rebaixa dun 10% na tarifa do lixo de Sogama. A Sociedade Galega de Medio Ambiente dá de prazo aos municipios ata os dous primeiros meses do próximo ano para entregar a documentación requirida. 

De preto de 70 euros ao mes a 63 é a rebaixa que Sogama ofrece aos 295 concellos dos que transporta e xestiona o lixo e que 227 din que van aplicar, mais aínda están reunindo a documentación e facendo axustes. A empresa, tras unha suba de tarifas, ofrece este desconto coa condición de que repercuta na tarifa dos veciños.

Os concellos asumen a rebaixa mais recalcan a súa autonomía. Terán que procurar mecanismos de axuste para trasladar esa bonificación aos veciños.

Dos 295, 68 municipios rexeitaron esta rebaixa coa xustificación de non poder asumir as condicións desta nova bonificación que entrará en vigor, segundo o previsto, neste 2019 e, os atrasados, a partir deste 2020.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/08/2019