CRTVG

Buscar

Sofre queimaduras nas mans tras declararse un incendio na súa vivenda de Sobrado

Publicado o 16/09/2020 19:21

En Trives, un home de Sobrado sufriu hoxe queimaduras nas mans ao declararse un incendio na súa casa. O suceso ocorreu no lugar de Sobrado. Ao parecer, o lume comezou cunha candea que prendeu nunha cortina. Ardeu a galería e hai danos materiais por toda a casa. Pero a actuación dos bombeiros do Concello e de Protección Civil impediron que as lapas chegasen á vivenda lindeira.

Noticias web

16/09/2020