Sufocan un incendio nun barco bateeiro amarrado no porto de Tragove
Publicado o 25/05/2021 14:36
Había só unha hora que o Proafer Tres chegara a porto cando a bodega do barco comezou a arder. Cando chegaron os servizos de emerxencia, un tripulante estaba tratando de sufocar o lume. A localización do barco no porto de Tragove dificultou as tarefas de extinción pero finalmente o incendio non foi a máis.
Finalmente, todo quedou nun pequeno susto. A rápida intervención dos servizos de emerxencia, que tiveron que empregar bombas auxiliares para poder apagalo, impediu que as lapas se estenderan por todo o barco e só se viron afectadas dúas estancias.
Está mañá o barco seguía amarrado, mentres os tripulantes limpaban e trataban de arranxar os danos.