CRTVG

Buscar

Sofía Toro: "Faltoume tempo na clase 470 para estar nos Xogos"

Publicado o 14/04/2016 20:38

Ten 25 anos, pero xa é campioa olímpica, mundial e europea, premio Nacional do Deporte e medalla de ouro da Real Orde do Mérito Deportivo. Pero Sofía Toro tivo que empezar de cero no novo ciclo olímpico. Algo lle faltou para chegar ao Río nunha nova clase, o 470.

"Eu creo que me faltou tempo. A verdade é que tres anos só en 470 son moi pouco tempo para conseguir a clasificación para os Xogos", recoñece Sofía Toro.

En Londres entrou na historia do deporte galego xunto a Támara Echegoyen como as primeiras campioas olímpicas galegas. Loitará por volver en 2020.

"Ás veces non te clasificas e segues para os seguintes Xogos. E podes facelo tamén moi ben, así que seguiremos loitando para estar en boa forma en Toquio. Agora comezo a divertirme no 470. Estou moi contenta coa miña compañeira nova, así que seguiremos gozando e aprendendo", sinala a campioa olímpica.

A Sofía espéraa unha nova proba da Copa do Mundo de Vela dentro de dez días.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2016