CRTVG

Buscar

Socialistas, Geroa Bai e Podemos forman goberno en Navarra

Publicado o 07/08/2019 14:38

María Chivite volve liderar o Goberno de Navarra vinte e tres anos despois do último presidente socialista. Faino cunha coalición de tres partidos. Este mediodía tomaron posesión os trece novos conselleiros: oito socialistas, catro de Geroa Bai e un de Podemos.

A coalición conservadora Navarra Suma, a lista máis votada nas eleccións, ve nalgúns destes nomeamentos unha concesión a Bildu, que coa súa abstención permitiu a investidura de Chivite.

É o caso de Itziar Gómez, nova conselleira de Desenvolvemento Rural e Medio Ambiente, que iniciou a súa carreira política nos anos noventa con Herri Batasuna. Hai un mes, protagonizou un forcexo con varios policías municipais cando intentaba colgar unha ikurriña no balcón do concello de Pamplona durante o chupinazo das festas de San Fermín.

Outro dos nomes que critican é o do líder de Podemos na comunidade, Eduardo Santos, por manifestar no pasado o seu apoio aos condenados pola agresión a dous gardas civís e ás súas parellas en Alsasua. Santos pasa a dirixir o departamento de Políticas Migratorias e Xustiza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/08/2019