CRTVG

Buscar

Socialistas e En Marea rompen relacións en Trives

Publicado o 20/08/2019 14:36

Din os dous edís de Son Trives-En Marea nun comunicado que a renuncia débese a dicrepancias dende o principio coa alcaldesa socialista. Acúsana de entorpecer a súa labor e deixan claro que non están dispostos a acatar xerarquías. Unha renuncia que deixa o concello cun goberno socialista en minoría.

Patricia Domínguez a alcaldesa de Pobra de Trives pide calma e garante a gobernabilidade despois de quedar con 4 escanos dos 11 cos que conta esta corporación. "Eu entendo que é unha actitude e un comprotamento absolutamente infantil e irresponsable. Eu non estou aquí nin os meus compañeiros están aquí para que Trives se coñeza pola crispación nin polo desentendemento porque nunca houbo, estes o único que teñen é un conflito con eles mesmos e coa legalidade vixente"

Dende o PP que conta con cinco edís na corporación falan de falta de responsabilidade dos dous grupos a dous meses de formar goberno, calificanos de inoperantes e aseguran que se manterán moi vixiantes aos futuros acontecementos. Trátase da primeira ruptura dun grupo de goberno en Galicia dende as pasadas eleccións municipais.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019