CRTVG

Buscar

Sobresalto de madrugada no hotel Bahía de Vigo por un pequeno incendio

Publicado o 14/02/2019 10:36

Todo comezou nun pequeno almacén na entreplanta. A fumareda que se estendeu polo interior do edificio obrigou a desaloxar todo o establecemento. Máis dun cento de clientes saíron á rúa co posto e pasado o susto foron realoxados noutros hoteis da cidade.

O incendio iniciábase preto da unha da mañá nunha entreplanta do hotel que se utiliza para almacenaxe, sobre a cafetería. O fume inundou as 17 plantas e dificultou o desaloxo dos hóspedes tanto do hotel coma dos apartamentos, moitos deles de avanzada idade. 

Ata o lugar desprazáronse tanto o delegado da Xunta en Vigo coma o concelleiro de Seguridade, que explicou onde se iniciou o lume.

A coordinación entre policía local, nacional e bombeiros fixo que o desaloxo fose moi rápidos e sen incidentes. Os hóspedes das plantas máis altas quedaron confinados nas súas habitacións. Os restantes foron realoxados noutros hoteis da cidade. 

 

Noticias web

14/02/2019