CRTVG

Buscar

Sober celebra o seu primeiro concurso de 'sommeliers'

Publicado o 04/04/2019 16:32

Sober celebrou o seu primeiro concurso de sommeliers. Logo dunha proba escrita, os participantes tiveron que identificar, só coa vista e co olfacto, tres viños brancos galegos.

David Cidre, xefe de estudos da Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández: "Identifican un albariño, un godello e un ribeiro. Só poderán utilizar o olfacto, non poderán degustalo, e os xuíces valorarán."
Sara Ruiz, participante no concurso: "Ás veces é moi complicado, sen poder probalo, identificar que uva dá ese olor".

Outra das probas consistiu nunha cata identificativa en copa negra.

Anastasjas Ringenhold, participante no concurso: "A cata é só olfactiva. Co branco pódese ver tamén, pero non che axuda tanto coma o tinto para saber se é un reserva ou é novo. A vista facilita moito."

A decantación con candea foi a última das probas deste concurso que precede a feira do viño de Amandi, que se celebrará a semana vindeira na mesma vila de Sober.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/04/2019