CRTVG

Buscar

Sober acolle a primeira Feira do Viño despois da pandemia

Publicado o 12/08/2021 20:48

Servir o viño nas copas, vender estoxos de botellas ou simplemente explicar aos visitantes o proceso de elaboración. Pequenas accións que xa se botaban de menos logo dun ano e medio sen que nos concellos da Ribeira Sacra se celebrase ningunha feira do viño. Nesta de Sober aplicáronse estritamente todos os protocolos sanitarios e controlouse con rigor a capacidade. Os adegueiros celebran poder volver ás casetas.

A calor e as restricións restaron afluencia a unha feira que adoitaba ser masiva en condicións normais e que se celebraba o Venres Santo. Pero nesta edición están a asistir numerosos turistas que se atopan pola zona e que poden ser os mellores embaixadores para o viño.

A seguinte feira do viño na Ribeira Sacra será xa o vindeiro ano en Chantada e agárdase que se poida celebrar con total normalidade.

Noticias web

12/08/2021