CRTVG

Buscar

Soben os salarios dos directivos e mantéñense os dos traballadores

Publicado o 10/01/2019 19:04

A crise económica pasa para os directivos pero non para os traballadores. Os salarios dos altos cargos das empresas medraron o 2.4 por cento en 2018 mentres os dos empregados subirono só un 0,11 por cento.

O crecemento continuado do PIB nos últimos catro anos non levou ás empresas a subir os soldos dos empregados, pero sí se subiron os salarios os directivos. Son datos dun informe elaborado por unha consultora e unha escola de negocios. Conclúen que, en 2018, os salarios dos traballadores se mantiveron mentres subiron os dos directivos e os dos mandos intermedios. Cobran ata tres veces máis ca os traballadores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019