CRTVG

Buscar

Soben os ingresos e os casos positivos de covid-19 na área sanitaria de Ferrol

Publicado o 11/01/2021 15:37

Na área sanitaria de Ferrol detectáronse este luns dous gromos no Hospital Arquitecto Marcide, que supoñen o rexistro de polo menos doce positivos por covid-19. A área afectada está vinculada con especialidades como uroloxía, otorrinolaringoloxía, medicina interna ou cirurxía. Non foi preciso, polo momento, o traslado de pacientes desas áreas. Como medida preventiva, o centro limitou as visitas temporalmente para minimizar o risco.

Na área sanitaria ferrolá hai nestes momentos 60 persoas hospitalizadas con covid-19, 6 delas en coidados intensivos. Pero o que chama especialmente atención é que 14 ingresaron nas últimas horas. Tendo en conta ademais que a incidencia de positivos por PCR pasa do 16 %, os veciños de Ferrol non se sorprenderían que o comité clínico pedise un aumento das restricións.

 

Noticias web

11/01/2021