Soben os combustibles entre un 2,5 e un 5 por cento de cara a Semana Santa
Os combustibles comezan a subida de prezos xunto coas vacacións de Semana Santa. A espera de millóns de desprazamentos as gasolineiras xa fregan as mans. A que máis sobre é a gasolina, que se vende arredor dos 1,35 euros.
Así que encher un depósito duns 50 litros custa tres euros máis que hai un mes. Galicia, en comparación con outras comunidades, en marzo foi a sexta máis cara de España, tanto en gasolina como en gasoleo, por detrás de comunidades como Cantabria, Madrid, o País Vasco, Asturias e Baleares.
Con respecto a abril do 2018, a gasolina en Galicia un catro por cento máis cara, daquela custaba hai un ano custaba 1,29 euros o litro, mentres que o gasóleo, un cinco cun prezo de 1,21 euros. Ademais, en comparación co primeiro mes do 2019, o carburante máis usado polos condutores está un 8 % por riba; a gasolina, case un 11.
"Un está acostumado xa a iso, sempre é o mesmo. Vostede reséntese na súa economía este tipo de subas? Home, claro, non se vai sentir, se che quitan uns poucos cartos evidentemente que se sente. Eu viaxo pouco, pero sempre que sube vaiche repercutir no peto. Ando pouco tamén, eu case non o noto. Eu por exemplo porque o teño máis ou menos parado pero cando andas con viaxes ou algo é unha tolemia. Unha tolemia porque gastas dous ou tres depósitos no canto de gastar un, coma quen di. Non miro moito o tema0."
Os condutores españois gastarán case triinta millóns máis en carburante esta semana Santa respecto á mesma época do ano anterior, cun gasto medio por condutor de 37,25 euros, segundo un informe elaborado por unha empresa de pago electrónico. E aumentará un dez por cento o volume de facturación das gasolineiras ao longo destes 10 días con respecto a semanas do ano onde non hai festivos.Un incremento que será algo menor en Galicia que se estima nun catro por cento.