CRTVG

Buscar

Soben os casos activos por quinta xornada consecutiva

Publicado o 13/04/2021 10:10

• Baixan só nas áreas sanitarias da Coruña e de Ourense

O Sergas notifica un falecemento por covid-19 tras catro días sen mortes

Soben os casos activos por quinta xornada consecutiva

Quinta xornada con incremento dos casos activos en Galicia. Segundo os últimos datos de Sanidade, hai 2.382 persoas con covid-19, 66 máis ca onte, tras 165 novos positivos, 133 deles a través de probas PCR.

Por áreas sanitarias, os casos repartiríanse así:

A Coruña: 615 (-1)

Vigo: 604 (+5)

Ourense: 185 (-1)

Santiago: 367 (+12)

Lugo: 169 (+12)

Pontevedra: 357 (+30)

Ferrol: 85 (+9)

Estabilidade na presión asistencial

No que respecta ás hospitalizacións en Galicia, a situación segue semellante a onte. Hai 185 persoas ingresadas (=): 156 en planta (+1) e 29 nas UCI (-1). Son 20 persoas menos das que había en planta hai unha semana, pero 15 máis que hai catro (141).

O Sergas notificou onte o pasamento dunha persoa por mor do coronavirus. Con ela son 2.369 persoas vítimas da pandemia no país.

Sobe lixeiramente a positividade

Das 4.023 probas PCR realizadas onte (-2.665) deron positivo 133, o que implicaría unha taxa de positividade do 3,31 %, unha cifra maior a dos últimos días, mais que continúa por debaixo do limiar máximo recomendado pola OMS para dar por controlada unha pandemia (5 %). 

 

Mapas de incidencia por concello