Soben os casos activos por primeira vez en case un mes
• A área da Coruña leva oito días con tendencia ascendente
• Baixan dúas hospitalizacións en planta, sobe unha nas UCI

A situación pandémica en Galicia sofre hoxe unha pequena recaída: tras 25 días consecutivos diminuíndo o número de persoas contaxiadas, hoxe o Sergas informa dun lixeiro aumento de casos. Hai 1.355 casos activos, nove máis ca onte, tras unha repunta de 113 novos positivos.
Por áreas sanitarias, a repartición sería a seguinte:
A Coruña: 410 (+9)
Ferrol: 96 (+3)
Lugo: 177 (+2)
Ourense: 154 (+9)
Pontevedra: 127 (+3)
Santiago: 127 (-7)
Vigo: 264 (-10)
Estabilidade nos hospitais
No que respecta ás hospitalizacións, as cousas seguen semellantes a onte. Hai 61 persoas ingresadas pola covid−19: 45 en planta (-2) e 15 nas UCI (+1).
Van cinco días sen falecementos por mor da doenza en Galicia. No que vai de pandemia, 2.430 persoas finaron pola covid-19.
Sobe a positividade
O incremento de positivos detectados, sobre todo nas áreas da Coruña e de Ourense, fixo elevar a positividade ate case rozar o 3 % -2,96 %-. Deron positivo 113 das 3.813 (+151).
Mapas de incidencia por concellos