CRTVG

Buscar

Soben os casos activos nas áreas sanitarias de Vigo e de Pontevedra

Publicado o 25/01/2021 13:08

As cifras seguen subindo. A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés chega aos 1.800 casos activos e a de Vigo supera os 3.500. Son, respectivamente, 82 e 168 máis nas últimas 24 horas.

A hospitalización vai tamén en aumento: hai 5 pacientes máis en planta en Pontevedra e 15 en Vigo, 107 e 154 en total, respectivamente. Nas UCIs viguesas hai 21 persoas, son 2 menos, e na pontevedresa a cifra non variou dos quince nas últimas 24 horas.

E seguimos lamentando falecementos: 3 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés e un na de Vigo.

Noticias web

25/01/2021