Soben os casos activos en Galicia por primeira vez en mes e medio
• Medran os positivos nas áreas da Coruña, Vigo e Lugo
• O número de hospitalizados é o menor dende mediados de outubro
• Alíviase a ocupación das camas UCI, que baixan en ata as 65 (-9)

Tras mes e medio de baixada constante, os casos activos repuntan lixeiramente en Galica, segundo o último parte do Sergas. Hai 2.685 activos (+3) e 123 novos positivos detectados, 15 a través dunha proba PCR.
ÚLTIMA HORA | Soben os casos activos en Galicia por primeira vez en mes e medio. As hospitalizacións baixan, especialmente nas UCI. Preme para máis información https://t.co/ckHWZgqXvM pic.twitter.com/70GtPPowCh
— G24 (@G24Noticias) March 16, 2021
Por áreas sanitariaso balance é o seguinte:
A Coruña: 1.076 (+23)
Vigo: 457 (+6)
Pontevedra: 230 (-14)
Santiago: 293 (-6)
Lugo: 205 (+2)
Ferrol: 243 (-3)
Ourense: 181 (-5)
Baixa a presión nas UCI
Datos máis positivos temos nas hospitalizacións. Redúcese o total de persoas ingresadas a 313 (-12): 248 en planta (-3) e 65 nas UCI (-9). Esta cifra total é a menor dende o 19 de outubro.
O número de vítimas de covid-19 no país alcanza as 2.303, logo do falecemento de tres persoa pola doenza nos últimos días, segundo informou o Sergas onte.
Aumenta a positividade, que segue por debaixo do 5 %
Malia a repunta dos casos activos, o número de positivos detectados é semellante ao dos días previos. Fixéronse 4.701 probas PCR (-503) segundo o Sergas, das cales deron positivo 105. Isto revela unha taxa de positividade o 2,23 %.