CRTVG

Buscar

Soben os casos activos e os positivos, pero redúcese a presión asistencial

Publicado o 05/05/2021 10:05

• Baixan os casos nas áreas da Coruña, Pontevedra ou Ferrol

• Son os mellores datos de hospitalizados en dúas semanas

Soben os casos activos e os positivos, pero redúcese a presión asistencial

En Galicia hai 3.061 persoas diagnosticadas de covid-19, 34 máis ca onte. Son os últimos datos do Sergas (consolidados onte ás 18:00 horas), que amosan un lixeiro incremento dos novos positivos, ata os 189, dos cales 164 foron confirmados a través de probas PCR.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos quedaría así:

A Coruña: 685 (-2)

Vigo: 913 (+15)

Ourense: 279 (+17)

Santiago: 386 (+3)

Lugo: 233 (+9)

Pontevedra: 473 (-5)

Ferrol: 92 (-3)

Baixa a presión hospitalaria

No tocante aos hospitais, hai 200 persoas ingresadas pola covid-19 (-12): 152 en planta (-13) e 48 nas UCI (+1). Son os mellores datos en planta dende hai once días, dúas semanas no caso das cifras globais.

Por sorte, onte non houbo que lamentar ningún pasamento por mor do coronavirus, o que deixa 2.391 vítimas no que vai de pandemia

Repunta de positivos

Das 7.781 probas PCR realizadas (2.441), deron positivo 164, 58 máis ca onte, o que supón unha suba do taxa de positividade ata o 2,11 %, rompendo a serie de catro días consecutivos por debaixo do 2 %.

Mapas de incidencia por concellos