Galicia non rexistra novos falecementos nunha situación estable dos casos activos
• Baixa a ocupación hospitalaria na UCI e en planta

Os casos activos aumentan lixeiramente con respecto ao día anterior (+6). En total, hai 438 persoas con coronavirus en Galicia.
Tamén soben os novos contaxios (+10). En total, foron detectados 33 por probas diagnósticas.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:
Vigo: 79 (+2)
A Coruña: 145 (+5)
Pontevedra: 42 (+6)
Santiago: 72 (+2)
Ourense: 44 (-5)
Lugo: 40 (-5)
Ferrol: 16 (+1)
A ocupación hospitalaria, pola súa parte, descende tanto en UCI como en planta. Hai hospitalizadas 31 persoas, oito en coidados intensivos (-1) e 23 en planta (-2). Con todo, o Sergas non notificou novos decesos por mor da covid−19 nas últimas 24 horas; mantense a cifra en 2.648 desde o inicio da pandemia.