Soben en 91 os casos activos, coa área de Ourense de novo á cabeza (+42)
• Aumentan tamén os casos na da Coruña (+20) e na de Vigo (+16)

Soben de novo os casos activos. Son 4.601, 91 máis ca onte. A área de Ourense volve ser a que máis casos novos rexistra (+42). Séguea a da Coruña (+20) e Vigo (+16).
Soben en 91 os casos activos, coa área de Ourense de novo á cabeza (+42). Todos os detalles, na nosa web https://t.co/L74ZwGMCoW pic.twitter.com/QUE1Daw9On
— G24 (@G24Noticias) October 14, 2020
A repartición por áreas sanitarias:
• Ourense: 1.605 (+42)
• A Coruña: 765 (+20)
• Santiago: 628 (+4)
• Vigo: 512 (+16)
• Lugo: 475 (-2)
• Pontevedra: 469 (=)
• Ferrol: 147 (+11)
Hospitalizacións
Do total de pacientes positivos, 41 están na UCI, 218 en unidades de hospitalización e 4.342 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 22.277 persoas curadas e, tras os once falecementos comunicados onte, 797 vítimas no que vai de pandemia.
O número de PCR realizadas onte foi de 3.960, cunha positividade dun 6.41 % en Galicia.