CRTVG

Buscar

Soben ata 659 os casos de covid nas residencias de maiores e persoas discapacitadas

Publicado o 30/10/2020 21:37
Soben ata 659 os casos de covid nas residencias de maiores e persoas discapacitadas

Xa hai 659 casos de covid en residencias de anciáns e centros de atención a discapacitados. O último gromo, con 18 afectados, detectouse na residencia de maiores de San Cibrao, en Cervo.

A máis afectada de Galicia segue sendo a residencia de Barbadás. Séguenlle a de Salvaterra de Miño e a dos Gozos, no Pereiro de Aguiar.

Dous dos falecidos nas últimas horas en Galicia eran usuarios destas dúas últimas residencias.

Nos xeriátricos galegos hai 392 maiores infectados e 211 empregados. Nos centros para persoas discapacitadas teñen covid 30 usuarios e 26 traballadores.

Noticias web

30/10/2020