Soben ata 219 os casos de covid-19 en centros educativos, 20 máis ca onte
Publicado o 25/09/2020 13:12

Galicia suma nos seus centros educativos 219 casos positivos de covid-19, 20 casos máis ca onte. Por áreas sanitarias:
• A Coruña: 45 (+5)
• Vigo: 37 (+3)
• Ourense: 28 (+7)
• Lugo: 25 (=)
• Santiago: 37 (+1)
• Pontevedra: 41 (+4)
• Ferrol: 6 (=)
No que respecta ás aulas pechadas, hai 54, unha máis ca onte facendo balance. En verdade, pecháronse tres (en Vigo, Ourense e Lugo) e abríronse de novo dúas (na Coruña e Pontevedra).
Vigo é a que máis aulas pechadas ten (21), Ferrol, a que menos (1).
Consulta a táboa completa cos centros con casos e aulas pechadas premendo aquí.