Soben as vendas dos produtos conxelados nos fogares españois
Publicado o 22/09/2020 17:08
As empresas do sector do produto conxelado souberon adaptarse e dar resposta a un consumidor que se viu na obriga de pasar máis tempo na casa e cociñar.
Novos produtos e novas formas de traballo nun ano que se presenta con poucas viaxes comerciais e sen feiras como a de Conxemar en Vigo.
O incremento das vendas nos fogares contrasta coas cifras á baixa nas exportacións e na hostalería. Aínda así, esta industria espera rematar o ano con resultados positivos.
Galicia lidera o sector do conxelado a nivel nacional con 157 empresas e preto de sete mil empregos, cunha facturación de preto de cinco mil millóns de euros.