CRTVG

Buscar

Soben as pernoitas nos hoteis galegos un 18% con respecto a abril do ano pasado

Publicado o 23/05/2019 21:09

As pernoitas nos hoteis galegos medraron no pasado mes de abril, o da Semana Santa, máis dun 18% con respecto ao ano anterior, moi por riba da media estatal, que subiu un 6,7%.

Son datos do Instituto Nacional de Estatística difundidos hoxe. O informe recolle que as pernoitas hoteleiras volveron mostrar taxas positivas, despois de que en marzo retrocederan un 1,8% logo de encadear cinco meses consecutivos de ascensos interanuais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019