CRTVG

Buscar

Soben as multas por velocidade no 2020, malia o confinamento

Publicado o 24/03/2021 16:32
Soben as multas por velocidade no 2020, malia o confinamento

A Dirección Xeral de Tráfico impuxo no 2020 en Galicia máis de 172.000 multas por exceso de velocidade, 20.000 máis cao ano anterior a pesar das restricións de mobilidade.

A velocidade foi, ademais, un factor determinante nos accidentes e responsable do 28 % dos sinistros con vítimas mortais.

O delegado do Goberno en Galicia mostrou a súa preocupacion por estes datos e confía en que a reforma do sistema do carné por puntos permita reducir os accidentes mortais.

Noticias web

24/03/2021