CRTVG

Buscar

Soben as hospitalizacións no día con menos positivos detectados dende agosto

Publicado o 08/03/2021 10:12

• Fixéronse 6.543 probas PCR, das que deron positivo só 81

• Falecen sete persoas con covid−19 en Galicia, o cal eleva o número a 2.275

 

Soben as hospitalizacións no día con menos positivos detectados dende agosto

Continúa o descenso de casos activos nesta terceira vaga. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 3.514 persoas con covid-19 en Galicia, 162 menos ca onte. É a baixada máis reducida no último mes, debido a un descenso das altas (243). Detectáronse 88 novos positivos, 81 a través de PCR.

 

Por áreas sanitarias, a repartición é:

A Coruña: 1.247 (-23)

Vigo: 606 (-25)

Pontevedra: 457 (-35)

Santiago: 387 (-18)

Lugo: 304 (-23)

Ferrol: 288 (-33)

Ourense: 225 (-5)

Soben as hospitalizacións

No que respecta á presión asistencial, o Sergas notifica unha suba nos ingresos en plata. Hai en total 398 persoas hospitalizadas, 319 en planta (+17) e 79 nas UCI (-1).

O Sergas notificou o pasamento de sete persoas por mor do coronavirus no país. Van 2.275 vítimas da pandemia.

 

A positividade, no 1 %

Fixéronse 6.543 probas PCR, das que deron positivo só 81, case a metade só na área sanitaria da Coruña, que segue aínda a moita distancia en número de casos do resto. A positividade, pois, sitúase no 1,24 %.

Mapas de incidencia por concellos