CRTVG

Buscar

Soben a tres os sanitarios contaxiados no hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

Publicado o 23/08/2020 21:20

Soben a tres os sanitarios contaxiados no hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. Son dous profesionais que estaban en corentena tras coñecerse onte un caso positivo. Ese primeiro contaxiado obrigou a illar unha vintena de traballadores e a bloquear 23 camas do quinto andar do centro hospitalario. O número de contaxios na área de Ferrol supera o centenar.

Noticias web

23/08/2020