CRTVG

Buscar

Soben a oito os casos de covid-19 detectados no cárcere do Pereiro de Aguiar

Publicado o 01/06/2021 20:00
Soben a oito os casos de covid-19 detectados no cárcere do Pereiro de Aguiar

Soben a oito os casos de covid no gromo detectado no cárcere do Pereiro de Aguiar, no módulo de réxime aberto. Había cinco positivos confirmados, o cribado do Sergas revelou esta tarde outros tres, e aínda falta por saber o resultado de seis tests. Ningún dos afectados garda corentena no centro, xa que son presos en semiliberdade. A orixe do gromo está na saída dun dos reclusos, que tivo que ser hospitalizado.

Noticias web

01/06/2021